martes, 6 de abril de 2010

VISUAL PUBLINET NO COMITÉ ESTRATÉXICO DO CLUSTER TIC DE GALICIA


Visual Publinet dende o mes pasado forma parte do Comité Estratéxico do Cluster Tic de Galicia.


Máis dun centenar de firmas e asociacións constitúen o Cluster TIC Galicia, que pretende contribuir a potenciar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da Sociedade da Información. Ten como obxectivo desenrolar o potencial investigair, xerar coñecemento e formar capital humano cualificado no sector.


Dentro do Cluster TIC integranse, ademáis de empresas, agrupacións como EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías), INEO (Asociación Multisectorial de Empresas TIC), AETIC-Galicia (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España, Consello territorial de Galicia), COETG (Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) e CPEI (Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia).
Miguel Ángel Bugarín Pumar, é o representante de Visual Publinet neste comité, representando ás empresas do grupo un de facturación, elexido polos seus compañeiros de grupo, xunto con outros tres candidatos.


Más información en http://www.clusterticgalicia.com/ .


No hay comentarios: